18.5.07

Ánima

[Bridgman - Margem de rio com palmeiras]

Porque foi o dia das letras galegas ontem dia dezassete e porque esta continua a ser a noite desse dia.

A miña ánima vai na procura
das verdes chairas, alí onde os laranxos afondan a paisaxe
e nos dan medo porque hai algo
que non debería estar ahí, algo
coma unha voz que non fala nin se artella, pero que se quere
renxer
ou bater un queixume de gaivotas.
Saberá ela se vai tornar
embebida de amebas e algas brancas
ou agardar alí ate que o vento fresco do serán
a chame a casa e abandone o seu lecer
coas primeiras sombras.
Despois virá o silencio
nunha gaiola de vimbio harpado.

Helena de Carlos Villamarín

1 comentário:

ritagrama disse...

Oh, que lindo...
Edoi lelia dora.